Os Hemúlidos (Haemulidae) son unha familia de peixes principalmente mariños, incluída na orde dos Perciformes. Algunhas especies entran en estuarios e rara vez viven en auga doce. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Anteriormente, a familia designábase como Pomadasyidae.

Características É característica a boca pequena, con labios grosos, con dentes na mandíbula pero, normalmente, non no vómer; con 2-6 poros amplos na barbilla ás veces seguidos dun suco. Algunhas especies poden chegar a alcanzar ata 60 cm de lonxitude.

Teñen unha aleta dorsal continua, con 9 a 14 espiñas e 11 a 26 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 6-18 radios brandos.

Clasificación Comprenden 19 xéneros e arredor de 150 especies: Anisotremus Boridia Brachydeuterus Conodon Diagramma Genyatremus Haemulon Haemulopsis Hapalogenys Isacia Microlepidotus Orthopristis Parakuhlia Parapristipoma Plectorhinchus Pomadasys Xenichthys Xenistius Xenocys

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos