Os látidos ou percas ( Latidae ) son unha familia de peixes mariños ou de río, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por ríos de África e polos océanos Índico e Pacífico.
Moitas especies desta familia teñen unha notable importancia pesqueira e comercial, e foron introducidas en ríos e lagos fóra das súas áreas nativas para fornecer a pesca deportiva. En particular, a perca do Nilo compórtase como un fero depredador, polo que a súa introdución nalgúns ecosistemas acuáticos provocou a extinción de moitas outras especies autóctonas.
Clasificación Ata o ano 2004 as especies desta familia estaban encadradas na familia Centropomidae, pero a raíz dos estudos que demostraron que no estaban emparentadas con esta familia creouse a familia Latidae.miniatura|300px|Perca do Nilo (Lates niloticus)|centro Clasificación miniatura|Filetes de perca do Nilo expostos á venda Comprende tres xéneros: Xénero Hypopterus (Gill, 1861) Xénero Lates (Cuvier en "Cuvier y Valenciennes", 1828) dentro deste xénbero, o Lates niloticus (Linnaeus, 1758) ou perca do Nilo. Xénero Psammoperca (Richardson, 1848)
Véxase tamén
Ligazóns externas Taxonomía FishBase
Categoría:Percoideos