Lucio Anneo Floro (en latín, Lucius Annaeus Florus) nado no século I, finado no século II, foi un historiador romano de orixe africana, autor do Epítome da Historia de Tito Livio, que é un resumo da obra de Tito Livio.
Amigo persoal de Hadriano, viviu durante moito tempo en Roma e en Tarraco (Hispania).
Foi autor do Compendio da Historia Romana, panexírico da gloria de Roma. Tamén foi unha das dúas fontes principais de información acerca das Guerras cántabras.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Personalidades da Roma antiga Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século II Categoría:Escritores en lingua latina