Concilios de Toledo é o nome que reciben os dezaoito concilios celebrados en Toledo entre o ano 397 e o 702, e salvo o primeiro, acaeceron durante a dominación visigoda da Península Ibérica. Na España Visigoda existiron asembleas de representación colectiva: o chamado Senatus e os Concilios de Toledo.
As reunións visigodas conciliares foron de dúas clases: provinciais, que agrupaban o episcopado provincial baixo a presidencia metropolitana; e xenerais, que agrupando os bispos do reino, trataban temas de interese común.
Estas asembleas político-relixiosas da monarquía visigótica eran convocadas polo Rei e presididas polo Arcebispo máis antigo (posteriormente polo de Toledo), onde a representación se reducía ás altas xerarquías eclesiásticas e á nobreza.
O III Concilio de Toledo de 589, presidido polo bispo Masona, foi o primeiro en ter carácter xeral, e nel decidiuse o abandono do arianismo polos xerarcas visigodos e a conseguinte incorporación política dos hispanorromanos, momento no que se produciu a conversión de Recaredo e os godos ao catolicismo.
No IV Concilio de Toledo de 633 sancionouse o carácter electivo da monarquía visigoda. Durante estes Concilios tomáronse decisións respecto aos límites do poder real, pero moitos foron usados para legalizar golpes de forza e usurpacións, e algúns impuxeron medidas represivas contra os xudeus, como o XVII Concilio de Toledo do ano 694.
Concilios I Concilio de Toledo (397) II Concilio de Toledo (527) III Concilio de Toledo (589) (presidido por Leandro de Sevilla) IV Concilio de Toledo (633) (presidido por Isidoro de Sevilla) V Concilio de Toledo (636) (presidido por Isidoro de Sevilla) VI Concilio de Toledo (638) VII Concilio de Toledo (646) VIII Concilio de Toledo (653) IX Concilio de Toledo (655) X Concilio de Toledo (656) XI Concilio de Toledo (675) XII Concilio de Toledo (681) XIII Concilio de Toledo (683) XIV Concilio de Toledo (684) XV Concilio de Toledo (688) XVI Concilio de Toledo (693) XVII Concilio de Toledo (694) XVIII Concilio de Toledo (702)
Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20070322030557/http://usuarios.advance.com.ar/pfernando/DocsIglMed/Concilios_Toledanos.html
Categoría:Hispania Categoría:Visigodos Categoría:Concilios Categoría:Reino Visigodo