Os lobótidos ( Lobotidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por mares tropicais (India, Nova Guinea, Mediterráneo).

Características Poden alcanzar unha lonxitude máxima de 1 m, cunha cabeza triangular. O trazo característico é a aleta caudal redondeada e a dorsal e anal tamén redondeadas na parte posterior, o que dá unha imaxe de ter unha cola tripla. O nome vén do grego lobos, "lobo da orella", polo aspecto lobulado da parte posterior.

Aleta dorsal cunha primeira parte con 11-12 espiñas e unha segunda con 14-16 radios brandos; anal con 3 espiñas e 11 radios brandos; pectorais pequenas; pelvianas cunha espiña, anterior e ben aparente.

Clasificación Só contén un xénero, con dúas especies: Lobotes pacificus (Gilbert en Jordan e Evermann, 1898) Lobotes surinamensis (Bloch, 1790) miniatura|300px|Lobotes surinamensis|centro Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Percoideos