Fernando Felipe Fernández, nado en Ourense o 1 de maio de 1805 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1885, foi un sacerdote e político galego.
Traxectoria Estou Filosofía e Teoloxía no Seminario Conciliar de Ourense e logo na Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou no ano 1831. Párroco de Santa Eufemia en Ourense, tamén foi Catedrático de Filosofía no seminario ourensán e membro da xunta de inspección do Instituto de segundo ensino de Ourense. Participou, en 1842, na constitución da Deputación Arqueolóxica provincial, sendo o seu primeiro secretario.
Foi cóengo das catedrais de Lugo, nomeado en 1860, e de Ourense, dende 1861. Nesta última foi distinguido como mestre-escola tres anos máis tarde. Nas eleccións xerais de 1871 foi elixido deputado por Ourense como representante do carlismo. Nesas eleccións foron elixidos outros cinco deputados polo carlismo galego: Joaquín Hernández Rodríguez polo distrito de Ordes, Luciano Puga Blanco polo de Santiago, Agustín Saco Quiroga polo de Chantada, Ramón Somoza Saavedra polo de Sarria e Benito Sánchez Freire polo de Arzúa. Con todo, a súa traxectoria como deputado foi breve: causou baixa o 24 de xaneiro de 1872 pois convocáronse eleccións para o 3 de abril. Faleceu en abril de 1885.
Notas
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático
Categoría:Nados en Ourense
Categoría:Nados en 1805 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1885