Mary Poppins é un filme estadounidense dirixido por Robert Stevenson producido por Walt Disney que se estreou en 1964. A película, un clásico do cine familiar, supuxo o debut de Julie Andrews, que acadou o premio Oscar á mellor actriz.

Sinopse A vida dunha familia inglesa formada por un pai banqueiro, unha nai sufraxista e dous cativos rebeldes -que pretenden chamar a atención dos seus pais facendo a vida imposíbel a tódalas neneiras-, verase alterada coa chegada de Mary Poppins, unha extravagante institutriz que baixa das nubes empregando o seu paraugas como paracaídas.

Personaxes Julie Andrews como Mary Poppins Dick Van Dyke como Bert / Sr. Dawes Sr. David Tomlinson como George W. Banks Glynis Johns como Winifred Banks Hermione Baddeley como Ellen Reta Shaw como Srta. Brill Karen Dotrice como Jane Banks Matthew Garber como Michael Banks Elsa Lanchester como Katie Arthur Treacher como Agutzil Jones Reginald Owen como Almirante Boom Ed Wynn como Tío Albert Jane Darwell como Dona dels Ocells Arthur Malet como Sr. Dawes Jr. Don Barclay como Sr. Bitacola James Macdonald como Xornalista Dal Mckennon como Raposo J. Pat O'Malley como Xinete

Galardóns e nomeamentos 1964: cinco Oscars (de trece nomeamentos): actriz (Julie Andrews), canción, banda sonora, montaxe e efectos visuais.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Stevenson Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes ambientados en 1910 Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry