Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.
O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son decotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."
Personaxes PersonaxeTesituraRepartimento na estrea, 26 de decembro de 1830(Director: - )Anna Bolena (Ana Bolena)sopranoGiuditta PastaEnrico (Henrique VIII)baixoFilippo GalliGiovanna Seymour (Xoana Seymour), dama de compañía de AnnamezzosopranoElisa OrlandiLord Rochefort (Xurxo Bolena), irmán de Anna baixoLorenzo BiondiLord PercytenorGiovanni Battista RubiniSmeton (Mark Smeaton), músico contraltoHenriette LarocheHervey, oficial da cortetenorAntonio CrippaCortesáns, soldados, cazadores
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas de 1830