La Verdad foi un bisemanal publicado en Vigo en 1881.
Historia e características Apareceu o 30 de marzo de 1881, bisemanal, publicábase os martes e venres. Estaba dirixido por Ramón Pimentel Méndez e Federico Rodríguez Arosa e entre os seus colaboradores figuraban Benito Crespo e Nazario Lence. Foi portavoz do mais extremo republicanismo, que apoiaba a loita do proletariado galego. Caracterizouse polas duras polémicas co Faro de Vigo. Cesou a súa publicación aos cinco meses, publicáronse uns corenta números.
Nas súas páxinas comezou o traballo xornalístico Ricardo Mella, que foi denunciado por inxurias por José Elduayen por un artigo.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1881 en Galicia