Isaiah Jamar Thomas, nado o 7 de febreiro de 1989 en Tacoma, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Instituto Thomas foi ao Curtis Senior High School en University Place, Washington, e despois ao Kent High School en Kent, Connecticut, onde repetiu un curso debido a deficiencias académicas. Graduouse en Kent no ano 2008. En Curtis, Thomas fixo 31.2 puntos por partido coma júnior.Isaiah Thomas ready to play basketball for Huskies
Traxectoria profesional NBA O 23 de xuño de 2011, Thomas foi elixido na 60ª e derradeira posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings. O 19 de febreiro de 2012, Thomas fixo o seu primeiro dobre-dobre con 23 puntos e 11 asistencias contra os Cleveland Cavaliers.
O 1 de marzo de 2012, Thomas foi nomeado Rookie do Mes de febreiro da Conferencia Oeste, tras facer 12.2 puntos e 4.4 asistencias por partido.
O 12 de xullo de 2014, Thomas foi traspasado ós Phoenix Suns nun acordo que tamén mandou os dereitos de Alex Oriakhi ós Kings.Suns Complete Sign-and-Trade for Isaiah Thomas
O 19 de febreiro de 2015, Thomas foi traspasado ós Boston Celtics, a cambio de Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.
O 22 de agosto de 2017, Thomas foi traspasado xunto a Jae Crowder, Ante Žižić e a elección da primeira rolda desprotexida do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving.
O 8 de febreiro de 2018, Thomas foi traspasado xunto a Channing Frye e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..
O 16 de xullo de 2018, Thomas asinou un contrato dun ano cos Denver Nuggets. Debutou cos Nuggets o 13 de febreiro de 2019, na vitoria dos Nuggets por 120-118 contra os Sacramento Kings.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ESPN
Categoría:Nados en Tacoma, Washington Categoría:Nados en 1989 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets