Sigrid Undset, nada en Kalundborg (Dinamarca) o 20 de maio de 1882 e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi unha escritora norueguesa.
Biografía Filla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en Dinamarca, pero a súa familia trasladouse a Noruega cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en Oslo, pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos.
As súas primeiras novelas foron Fru Marta Oulie (1907), Jenny (1911) e Vaaren (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «amor libre». Incrementou e consolidou a súa fama con De kloge jomfruer (1918) e o ensaio Et kvindesynspunk (1919).
As súas obras máis coñecidas son Kristin Lavransdatter (1920-1922) e Olav Audunssön (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino.
Converteuse ao catolicismo en 1924, experiencia que narrou en Gymnadenia (1929) e en Den brændende busk (1930). Profesou na Terceira Orde da Penitencia de Predicadores como Dominica segrar. En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, a causa da súa oposición á Alemaña nazi e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da segunda guerra mundial.
Outras obras que cabe destacar son as novelas Den trofaste hustru (1936) e Madame Dorothea (1939), a súa autobiografía, Elleve aar (1934) e a súa famosa biografía sobre Catarina de Siena (1951).
Foi galardoada en 1928 co premio Nobel de Literatura.
Obra publicada
1907: Fru Marta Oulie 1908: Den lykkelige alder 1909: Viga-Ljot og Vigdis 1910: Ungdom 1911: Jenny 1912: Fattige skjebner 1914: Vaaren 1915: Fortællinger om kong Artur og ridderne av det runde bord 1917: Splinten av troldspeilet 1917: Tre søstre, ensaio 1918: De kloge jomfruer 1919: Et kvindesynspunkt, ensaio 1920-1922: Kristin Lavransdatter 1920: Kransen 1921: Husfrue 1922: Korset
1921: Vårskyer 1925: Sankt Halvards liv, død og jærtegn 1925: Olav Audunssøn i Hestviken 1927: Olav Audunssøn og hans barn 1927: Katholsk propaganda, ensaio 1929: Gymnadenia 1929: Etapper, ensaio 1930: Den brændende busk 1930: Hellig Olav, Norges konge, ensaio 1932: Ida Elisabeth 1933: Etapper. Ny række, ensaio 1933: To europeiske helgener 1934: Elleve aar 1936: Den trofaste hustru 1937: Norske helgener 1938: Selvportretter og landskapsbileder 1939: Madame Dorthea
Véxase tamén Ligazóns externas
Autobiografía Biografía de Sigrid Undset en Biografías y Vidas
Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Tradutores de Noruega Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Nados na rexión de Selandia Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1949