Once é un filme irlandés dirixido por John Carney que se estreou no 2007. Está protagonizado por Glen Hansard e Markéta Irglová que interpretan a dous músicos que se coñecen en Dublín, Irlanda. Hansard e Irglová xa tiñan colaborado xuntos como músicos no grupo Swell Season, e eles compuxeron e interpretaron as cancións orixinais do filme.
Once estivo varios anos en desenvolvemento no Irish Film Board e tivo un orzamento de €112 000. Foi un éxito comercial, acadando importantes recadacións nos Estados Unidos. Recibiu premios como o premio Spirit ó mellor filme estranxeiro no ano 2007. A canción de Hansard e Irglová "Falling Slowly" gañou o Oscar á mellor canción orixinal, e a banda sonora conseguiu un nomeamento ós Premios Grammy.
Sinopse Glen Hansard interpreta a un cantante e compositor que actúa nas rúas de Dublín, cando non está traballando na tenda do seu pai (Bill Hodnett). Durante o día, para gañar algúns cartos, interpreta temas coñecidos para os transeúntes, pero polas noites, toca os seus propios temas nos que fala de como o deixou a súa moza. O seu talento non pasa desapercibido a unha inmigrante checa (Markéta Irglová) que vende flores na rúa. Ela tampouco tivo sorte no amor e, para sentirse un pouco mellor, escribe cancións sobre o tema, pero, a diferenza de Glen, nunca as interpreta en público. Os dous acaban de improviso facendo un dueto nunha tenda de música, e será entón cando descubran que hai algo os une.
Personaxes miniatura|dereita|250px|Os protagonistas do filme, Glen Hansard e Markéta Irglová Glen Hansard como Guy (non ten nome, nos créditos como Guy), un guitarrista canta nas rúas de Dublín. Markéta Irglová como Girl (nos créditos como Girl), un rapaza checa que toca o piano. Bill Hodnett como O pai do rapaz, que ten unha tenda de reparación de aspiradoras. Danuse Ktrestova como A nai da rapaza. Geoff Minogue como O representante. Kate Haugh como Ivonka, a filla da rapaza. Hugh Walsh como Timmy, o batería. Alaistair Foley como O baixista. Gerard Hendrick como O guitarrista solista. Sean Miller como o banqueiro. Marcella Plunkett a Ex-moza do rapaz. Senan Haugh como O marido da rapaza.
Galardóns e nomeamentos 2007: Oscar á mellor canción orixinal. 2007: Festival de Cinema de Sundance: Premio do Público (Internacional).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua checa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal