Roger Martin Du Gard, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de marzo de 1881, finado en Bellême, Orne o 22 de agosto de 1958, foi un novelista francés.

Traxectoria Nacido nunha familia acomodada, de avogados e maxistrados, a súa situación permitiulle dedicarse á literatura. De vocación literaria precoz, foi consciente dela tras ler a novela de Lev Tolstoi, A guerra e a paz. Para intentar consolidar a súa vocación de novelista, iniciou estudos de Letras, aínda que non os rematou. Presentouse logo á unha oposición da École des chartes, obtendo a praza de arquiveiro-paleógrafo, cunha tese sobre a abadía de Jumièges.

En 1908 publicou a súa primeira novela Devenir. Tras a publicación en 1913 de Jean Barois, na que Martin du Gard abordou o caso Dreyfus, trabou amizade con André Gide e Jacques Copeau.

Participou como soldado na primeira guerra mundial. Cando esta rematou, empezou a redacción da que foi a súa obra magna: a saga de Les Thibault. Nela non trata de demostrar nada. Non xulga nin condena: mostra ás veces de modo demasiado fragmentario a evolución da relixión contemporánea, como o feito da separación entre a Igrexa e o Estado Francés en 1905.

Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1937. A partir dese momento a súa obra deixou de ser considerada relevante por parte da crítica, até que Albert Camus a volveu reivindicar.

Pode considerarse un herdeiro da novela realista tradicional do século XIX; mais a certeza das súas descricións, os seus detalles narrativos e a penetración psicolóxica que fai dos seus personaxes, fan que non se poida cualificar como un escritor falto de innovación e forza.

Pasou a maior parte da segunda guerra mundial en Niza. Alí empezou a elaborar unha novela que quedou inconclusa, Le Lieutenant-colonel de Maumort, que se publicou postumamente. Esta publicación, ao igual que outras que tamén foron póstumas (correspondencia, diario, relatos curtos) fai máis complexa a figura dun escritor que se reivindicou a si mesmo como novelista.

Obra

Novelas 1908: Devenir 1909: L'Une de Nous 1913: Jean Barois 1922: Les Thibault : Le Cahier gris 1922: Les Thibault : Le Pénitencier 1923: Les Thibault : La Belle Saison 1928: Les Thibault : La Consultation 1928: Les Thibault : La Sorellina 1929: Les Thibault : La Mort du père 1933: Vieille France 1936: Les Thibault : Thibault, L'Été 1914 1940: Les Thibault : Thibault, l'Épilogue

Ensaios 1909: L'Une de Nous 1933: Vieille France 1968: Correspondance avec André Gide, obra póstuma 1983: Le Lieutenant-colonel de Maumort, obra póstuma

Teatro 1920: Le Testament du père Leleu 1928: La Gonfle 1932: Un Taciturne

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Roger Martin du Gard, 1937 Nobel de Literatura Acerca de Roger Martin du Gard Roger Martin du Gard

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en Neuilly-sur-Seine Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Arquiveiros de Francia Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Novelistas de Francia