250px|miniatura|Vista parcial da praia de Los Caños de Meca e o faro do cabo Trafalgar ao fondo. O cabo de Trafalgar (do árabe: رأس الطرف الأغرّ Taraf al Ghar, o cabo da covaVéxase a páxina persoal de HERRERO INGELMO, José Luis. Profesor do Departamento de Lingua Española. Facultade de Filoloxía da Universidade de Salamanca. Véxase a definición de algar no DRAE) é un cabo español pertencente ao termo municipal de Barbate, situado na costa atlántica da provincia de Cádiz, en Andalucía.
Trátase dun pequeno illote situado entre as enseadas de Conil e Barbate unido ao continente por un dobre tómbolo de area, que se considera o extremo noroccidental do estreito de Xibraltar. Nel hai un faro e restos arqueolóxicos dunha factoría romana de salgaduras e dun asentamento hispano-musulmán.
Nas súas inmediacións tivo lugar o 21 de outubro de 1805 a soada batalla de Trafalgar, na que a escuadra franco-española foi derrotada pola inglesa ao mando do almirante Nelson.
Forma parte da Rede de Espazos Naturais Protexidos de Andalucía (RENPA), coa categoría de monumento natural e baixo o nome de Tómbolo de Trafalgar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Monumento Natural Tómbolo de Trafalgar Cabo Trafalgar Cádiz Turismo
Categoría:Cabos de Andalucía