Ernesto Teodoro Moneta, nado en Milán o 20 de setembro de 1833 e finado o 10 de febreiro de 1918, foi un militante pacifista italiano, distinguido co premio Nobel da Paz en 1907.

Traxectoria

Estas foron as palabras que pronunciou nun dos congresos nos que participou tras a adhesión ás ideas pacifistas que empezaban a xurdir entre o final do século XIX e o principio do século XX.

Moneta, antigo patriota e xornalista, participou nas Cinco xornadas de Milán —sublevación contra os austríacos— e foi garibaldino. Dirixiu desde 1867 o periódico Il Secolo, seguidor das ideas e valores garibaldinos e radicais. En 1887 contribuíu na fundación da Unión Lombarda para a Paz e a Arbitraxe.

Na súa cidade natal, Milán, hai un monumento na súa memoria no que se pode ler a seguinte inscrición: «Ernesto Teodoro Moneta - Garibaldino - Pensador - Publicista - Apóstolo da paz entre xente libre».

Véxase tamén Ligazóns externas Premio Nobel

Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1833 Categoría:Nados en Milán Categoría:Finados en 1918 Categoría:Premios Nobel de Italia