O 27 de outubro é o 300º día do ano do calendario gregoriano (301º nos anos bisestos). Quedan 65 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|100px|Guerra franco-prusiana. 1553: nos arredores de Xenebra (Suíza) os calvinistas queiman vivo ao teólogo, médico e humanista aragonés Miguel Servet. 1682: Fundación da cidade de Filadelfia, Pensilvania (hoxe nos Estados Unidos). 1795: Os Estados Unidos e España asinan o Tratado de Madrid, que fixa os límites entre as colonias españolas e os E.U.A. 1806: O exército napoleónico entra en Berlín. 1807: Napoleón asina o Tratado de Fontainebleau con España. 1859: O coronel estadounidense Edwin Drake levanta o primeiro derrick en Titusville, Pensilvania. 1870: Guerra franco-prusiana: A gornición francesa de Metz réndese aos prusianos. 1904: Inauguración do metro en Nova York. 1951: Primeira utilización da radioterapia nun paciente a través dunha bomba de cobalto. 2004: dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba no Prestige e o barco Polar Prince abandona definitivamente a zona do afundimento. A operación custou 100 millóns de eurosLa Voz de Galicia, 28.10.2004.. 2017: O Parlament Catalán aproba a Declaración Unilateral de Independencia.
Nacementos miniatura|100px|Dylan Thomas. 1466 - Erasmo de Rotterdam, teólogo e humanista neerlandés (m. 1536). 1728 - James Cook, explorador, navegante e cartógrafo británico (m. 1779). 1736 - James Macpherson, poeta escocés (m. 1796). 1782 - Niccolò Paganini, violinista e compositor italiano (m. 1840). 1844 - Klas Pontus Arnoldson, político, xornalista e pacifista sueco (m. 1916). 1858 - Theodore Roosevelt, Jr., presidente dos Estados Unidos (m. 1919). 1903 - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (m. 1945). 1914 - Dylan Thomas, poeta galés (m. 1953). 1923 - Roy Lichtenstein, pintor estadounidense de Pop art, artista gráfico e escultor, coñecido polas súas interpretacións a grande escala da arte do cómic. 1932 - Sylvia Plath, poeta e novelista norteamericana. 1945 - Luiz Inácio Lula da Silva, político, presidente do Brasil. 1947 - Xoán Rubia, músico galego. 1952 - Roberto Benigni, actor italiano. 1966 - Francisco Castro Veloso, escritor galego. 1981 - Daniel Salgado, xornalista e escritor galego.
Mortes miniatura|100px|Antonio Palacios. 1312 - Xoán II de Brabante, duque de Brabante e Limburgo (n. 1275). 1553 - Miguel Servet, teólogo e médico español, descubridor da circulación pulmonar do sangue (n. 1511). 1918 - Lois Porteiro Garea, catedrático de Dereito, ensaísta e político galego (n. 1889). 1945 - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego (n. 1876). 1968 - Lise Meitner, física austríaca (n. 1878). 1975 - Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora (n. 1895). 1977 - James M. Cain, escritor e xornalista norteamericano (n. 1892). 1980 - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego. 1982 - Eugenio Montes, político e escritor galego (n. 1900). 2003 - Pierre Poujade, político francés. 2012 - Hans Werner Henze, compositor xermano. 2013 - Lou Reed, cantante de rock e escritor norteamericano (n. 1942). 2014 - Begoña Caamaño, xornalista e escritora galega (n. 1964).
Festas e celebracións Día Mundial do Patrimonio Audiovisual
Outros Santoral: San Armando. Santa Balsamia. San Frumencio, bispo. San Gaudioso, bispo. San Vicente.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Outubro