Os polipriónidos (Polyprionidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos perciformes (Perciformes). Están distribuídos por todo o mundo.

O nome deriva do grego poly (moitos) e prion (serra), en alusión ás prominentes aletas espiñosas.

Características Cabeza grosa e maciza, cun opérculo dotado de dúas espiñas redondeadas. Liña lateral completa e continua.

Unha soa aleta dorsal, con 9-12 espiñas e 11-13 raios brandos; unha anal con 3 espiñas e 7-10 raios brandos; pelvianas cunha espiña e cinco raios brandos; caudal truncada ou redondeada.

Viven nos fondos oceánicos, onde se resgardan no interior de covas.

Clasificación Comprende dous xéneros e seis especies: Xénero Polyprion (Oken, 1817) Polyprion americanus (Bloch e Schneider, 1801) Polyprion moeone (Phillipps, 1927) Polyprion oxygeneios (Schneider e Forster en Bloch e Schneider, 1801) Polyprion yanezi (de Buen, 1959) Xénero Stereolepis (Ayres, 1859) Stereolepis doederleini (Lindberg e Krasyukova, 1969) Stereolepis gigas (Ayres, 1859)

Véxase tamén

Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS Ficha da Cherna (MaestroPescador.com)

Categoría:Percoideos