Esteban Manuel Gutiérrez Gutiérrez nado o 5 de agosto de 1991 en Monterrey, Nuevo León, é un piloto mexicano de carreiras de coches. Foi o campión de GP3 de 2010, gañando o título na tempada inaugural da serie 2010. En 2008, gañou o Campionato de Europa de Fórmula BMW,BMW Motorsport "Formula BMW Europe Results - Driver's Championship" . Setembro de 2008. Retrieved on October 30, 2008. converténdose no piloto mexicano máis novo en gañar un campionato internacional aos 17 anos de idade.
Carreira Karting Gutiérrez comezou a súa carreira en 2004 na mexicana Rotax Max Challenge (Karting) cando participou nos últimos tres eventos da tempada. En 2005, volveu competir na Rotax Max Challenge (Karting), e tamén competiu no Grand Nationals en South Bend Indiana, onde terminou terceiro, o que lle valeu un lugar na Final Mundial en Malaisia, onde terminou 22º, debido a problemas mecánicos.
En 2006, Esteban gañou os 5 carreiras no Camkart Challenge México, unha e outra vez correu na Rotax Max Challenge. El tamén acabou cuarto no Grand Nationals de México en Zacatecas, México. En 2007 competiu na Fórmula BMW serie dos Estados Unidos. Terminou segundo no campionato, con 4 vitorias, 8 podios e 9 poles, o que lle valeu o título de Novato do Ano. A pesar de terminar segundo, Gutiérrez terminou uns 87 puntos por detrás do escapado campión Daniel Morade.
Fórmula BMW Gutiérrez pasou a Europa para competir no campionato de Europa de 2008 da Fórmula BMW e gañou o campionato por 26 puntos a Marco Wittmann, gañou 7 carreiras (seis delas consecutivas). Na FBMW, Gutiérrez terminou 3º na Final Mundial en Cidade de México, batido polo campión americano Alexander Rossi e Michael Christensen.
Fórmula Tres Euroseries En 2009, Gutiérrez pasouse á Fórmula Tres Euroseries cun asento en ART Grand Prix xunto con Jules Bianchi, Valtteri Bottas e Adrien Tambay. Terminou noveno no campionato, tendo dous podios durante a tempada.
GP3 Series 2010 viu a Gutiérrez pasar á GP3 Series, competindo con ART Grand Prix xunto a Pedro Nunes e Alexander Rossi. Gutiérrez gañou a primeira tempada a falta de dúas carreiras, grazas ás bonificacións resultantes das pole position, a fin de semana da carreira de Monza.
GP2 Series Gutiérrez pasou con ART á GP2 Series en 2011, xunto con Jules Bianchi. Terminou undécimo na GP2 Asia series. Na serie principal, anotou os seus primeiros puntos na carreira en Valencia, no que seguidamente acadou unha vitoria. Terminou 13º no campionato de pilotos.
Fórmula Un Gutiérrez probou un BMW Sauber de Fórmula Un en decembro de 2009 como parte do seu premio por gañar o campionato de Fórmula BMW Europa. A pesar de que o equipo perde o apoio da BMW para , uniuse como observador nalgúns Grandes Premios e foi colocado no mesmo programa de adestramento como os pilotos de carreiras Pedro de la Rosa e Kamui Kobayashi. Máis tarde, na tempada, foi nomeado oficialmente como piloto de probas do equipo e piloto de reserva O 16 de novembro de 2010 participou na proba de novos pilotos en Abu Dhabi establecendo o cuarto mellor tempo do día, pouco máis de seis décimas de segundo do tempo de clasificación establecidos por Kamui Kobayashi.
O 28 de xullo, anunciouse que Gutiérrez permanecería como piloto de reserva de Sauber na tempada . Gutiérrez novamente tomou parte no test de novos pilotos en Abu Zabi o 19 de novembro, esta vez establecendo a quinta volta máis rápida o xoves e a sétima máis rápida en xeral, que foi un pouco máis dun segundo menos que Sergio Pérez mendoza, o tempo máis rápido na cualificación.
O 26 de outubro de 2012, Gutiérrez participou na primeira sesión de adestramentos libres no Gran Premio da India de 2012, en substitución dun enfermo Pérez. En última instancia, rexistrou o 20º tempo máis rápido da sesión, antes de que Pérez puidese regresar ao coche para a segunda sesión.
Sauber (2013–2014)
miniatura|Gutiérrez no Sauber C32 durante os tests de inverno no Jerez, en 2013
O 23 de novembro de 2012, anunciouse que Gutiérrez permanecería con Sauber, promovido a piloto titular logo de que Nico Hülkenberg, marchara ao equipo Force India. A súa primeira saída co equipo foi no Gran Premio de Australia de 2013, onde se clasificou na 18ª posición logo de estrelarse durante a primeira sesión de cualificación que viu a bandeira vermella debido á forte choiva. Logo dunha sólida pilotaxe finalmente terminou a carreira décimo terceiro, a mellor posición de todos os novatos de . No Gran Premio de Malaisia de 2013, Gutiérrez chegou á Q2 e cualificou 14º, correu unha carreira sen incidentes para terminar duodécimo, despois de verse obrigado a parar no pit a falta de cinco voltas.
En China, só logrou cualificar a 18º malia que o seu compañeiro de equipo chegou á Q3. A súa carreira foi cortada na volta 4 cando perdeu o seu punto de freado e golpeou a parte traseira de Adrián Sutil, o que deu lugar a súa primeira retirada da tempada. En Bahrain, unha vez máis cualificou 18º, e comezou a carreira no último lugar da grella logo de recibir unha penalización de 5 puntos polo seu accidente na China. Logo de pasar a carreira loitando cuns pneumáticos rapidamente degradados, terminou onde comezou, aínda que, a unha volta dos líderes.
miniatura|left|Gutiérrez durante o FP1 en Malaisia.
O Gran Premio de España de 2013 foi un punto de inflexión na curta carreira de Gutiérrez de Fórmula Un. Logo de chegar a Q2 por segunda vez, clasificouse 16º. Antes da carreira foi sancionado por obstaculizar a Kimi Räikkönen na cualificación e polo tanto caeu 3 lugares na grella á 19ª. Tivo unha moi boa carreira en comparación cos resultados anteriores. Liderou a carreira por un par de voltas, e tivo unha batalla a metade da carreira con Jenson Button, pero finalmente logo dun pit stop, non puido pasar a Daniel Ricciardo nas últimas dúas voltas, terminando a tres décimas detrás da última posición dos puntos. Tamén logrou a súa primeira volta rápida da carreira, sendo o segundo nos libros de rexistro como 'O piloto máis novo en establecer unha volta rápida' logo de Nico Rosberg. thumbnail|right|Gutiérrez no Gran Premio de Singapur de 2014
Gutiérrez logrou puntuar por primeira vez no Gran Premio do xapón de 2013. Comezara décimo cuarto na grella, e terminou a carreira no sétimo lugar, aguantando a Nico Rosberg nas voltas finais. O 21 de decembro de 2013, confirmouse que Gutiérrez seguiría con Sauber en .
Logo de non lograr un só punto durante a tempada 2014, o 15 de decembro de 2014, anunciouse que Gutiérrez asinara con Ferrari como piloto de proba e reserva para .
Ferrari (2015) Tralo seu despedimento de Sauber a favor de Marcus Ericsson e Felipe Nasr, anunciouse que Gutiérrez serviría como piloto de reserva en Ferrari, en lugar de Jules Bianchi.
Haas F1 (2016) miniatura|right|Gutiérrez pilotando un Haas no Gran Premio de Bahrain de 2016
En outubro de 2015, no Gran Premio de México de 2015, anunciouse que Gutiérrez volvería competir no deporte xunto a Romain Grosjean no equipo Haas.
Rexistro de carreiras Resumo de carreiras Tempada Series Equipo Carreiras Vitorias Poles VR Podios Puntos Posición 2007 Formula BMW USA Team Autotecnica 14 4 9 2 8 436 2º Formula BMW World Final 1 0 0 0 0 N/A 25º Formula BMW ADAC Esteban Gutiérrez 2 0 0 1 0 46 26º 2008 Formula BMW Europe Josef Kaufmann Racing 16 7 3 9 12 353 1º Formula BMW World Final 1 0 1 0 1 N/A 3º German Formula Three 2 0 0 0 0 N/A NC† International Formula Master Trident Racing 2 0 0 0 1 8 19º 2009 Fórmula 3 Euroseries ART Grand Prix 20 0 0 0 2 26 9º Fórmula 3 btritánica 4 0 0 1 1 N/A NC† Masters of Formula 3 1 0 0 0 0 N/A 17º 2010 GP3 Series ART Grand Prix 16 5 3 7 9 88 1º Fórmula 3 Euroseries 2 0 0 0 0 N/A NC† Fórmula 3 británica 3 0 0 0 0 N/A NC† 2011 GP2 Asia Series Lotus ART 4 0 0 0 0 3 11º GP2 Series Lotus ART 18 1 0 1 2 15 13º Formula 1 Sauber F1 Team Piloto de probas 2012 GP2 Series Lotus GP 24 3 0 5 7 176 3º Fórmula 1 Sauber F1 Team Piloto de probas 2013 Fórmula 1 Sauber F1 Team 19 0 0 1 0 6 16º 2014 Fórmula 1 Sauber F1 Team 19 0 0 0 0 0 20º 2015 Fórmula 1 Scuderia Ferrari Piloto de probas 2016 Fórmula 1 Haas F1 Team 21 0 0 0 0 0 21º † - Como Gutiérrez era un piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados completos na Fórmula Tres Euroseries (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 DC Puntos 2009 ART Grand Prix Dallara F308/070 Mercedes HOC1116 HOC12Ret LAU124 LAU211 NOR14 NOR212 ZAN15 ZAN27 OSC19 OSC29 NÜR13 NÜR26 BRH17 BRH25 CAT1Ret CAT29 DIJ112 DIJ23 HOC2111 HOC226 9º 26 2010 ART Grand Prix Dallara F308/049 Mercedes LEC1 LEC2 HOC116 HOC12Ret VAL1 VAL2 NOR1 NOR2 NÜR1 NÜR2 ZAN1 ZAN2 BRH1 BRH2 OSC1 OSC2 HOC21 HOC22 NC† N/A † - Como Gutiérrez era un piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados completos na GP3 Series (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 DC Puntos 2010 ART Grand Prix ESPFEA3 ESPSPR3 TURFEA1 TURSPR7 VALFEA1 VALSPR7 RUFEA1 RUSPR3 ALEFEA4 ALESPR1 HUNFEA2 HUNSPR5 BELFEA16 BELSPR7 ITAFEA1 ITASPRRet 1º 88
Resultados completos na GP2 Series (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 DC Puntos 2011 Lotus ART TURFEARet TURSPR11 ESPFEARet ESPSPR12 MONFEA12 MONSPRDNS VALFEA7 VALSPR1 RUFEA10 RUSPR8 ALEFEA12 ALESPRRet HUNFEARet HUNSPR2 BELFEA14 BELSPR7 ITAFEA9 ITASPR6 13º 15
Resultados completos na GP2 Asia Series (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 DC Puntos 2011 Lotus ART ABUFEARet ABUSPR12 ITAFEA12 ITASPR4 11º 3
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Escudería Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Posto Puntos Haas F1 Team Haas VF-16 Ferrari 059/5 1.6 V6 t AUSRet BHRRet CHN14 RUS17 ESP11 MON11 CAN13 EUR16 AUT11 GBR16 HUN13 ALE11 BEL12 ITA13 SIN11 MALRet XPN20 USARet MEX19 BRARet ABU12 21º 0 Sauber F1 Team Sauber C33 Ferrari 059/3 1.6 V6 t AUS12 MALRet BAHRet CHN16 ESP16 MONRet CAN14† AUT19 RURet ALE14 HUNRet BEL15 ITA20 SINRet XPN13 RUS15 USA14 BRA14 ABU15 20º 0 Sauber AUS13 MAL12 CHNRet BAH18 ESP11 MON13 CAN20† RU14 ALE14 HUNRet BEL14 ITA13 SIN12 COR11 XPN7 IND15 ABU13 USA13 BRA12 16º 6
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial BMW Motorsport Rotax Max Challenge Mexico
Categoría:Deportistas de México Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de México Categoría:Pilotos de GP2 Series Categoría:Pilotos de GP2 Asia Series Categoría:Pilotos de GP3 Series Categoría:Nados en Monterrei, México Categoría:Nados en 1991