Cristóbal Colón (en galego Cristovo Colón) é unha ópera en dous actos con música do compositor catalán Leonardo Balada e libreto en castelán de Antonio Gala. Esta ópera foi encargada polo goberno español para conmemorar o quinto aniversario do descubrimento de América, tendo un grande éxito de crítica, chegando a dicir da mesma que "é unha partitura pivotal no teatro lírico do noso tempo". Foi estreada no Gran Teatre del Liceu de Barcelona o 24 de setembro de 1989.

Esta ópera mostra as características estilísticas propias do autor e nela se suceden os contrastes rítmicos, harmónicos e dinámicos. Na orquestración teñen un papel fundamental as cordas e a percusión, tendo esta última unha importancia vital. Os momentos máis destacados son as arias do tenor "Salve Reina del mundo" (1º acto) e "Converso me llamaste" (2º acto).

A acción da ópera ten lugar a bordo da Santa María, e mediante o emprego do flash-back nárrase a primeira viaxe de Colón ás Indias ata chegar ao momento do descubrimento.

Bibliografía Keith Anderson, La Ópera de la A a la Z, Naxos (2002)

Categoría:Óperas en castelán Categoría:Óperas de 1989