La Voz del Agro foi un semanario editado en Chantada entre 1928 e 1932.

Historia e características Apareceu o 10 de outubro de 1928 co subtítulo Semanario independiente. Foi o seu fundador e propietario Jesús Fernández Taboada e estaba dirixido por Benito Rivadulla Pascual, sendo o seu administrador Virgilio Ledo Santoandré e despois Antonio Noguerol Eyré. Posteriormente foi dirixido por Daniel Vázquez Campo, José Vázquez Gómez, Jesús García Varela e Eloy Rodríguez Fernández. Entre os seus colaboradores estaban Antonio Estévez Cao, Modesto Prieto Camiña, "Pepe Brigos" e "Xan de Quintela". Defensor dun agrarismo técnico e conservador, propugnou a modernización técnica da agricultura.

Tivo varias reaparicións e cambios de orientación. Foi multado en outubro de 1929.El Tea, 23-10-1929, p. 2. Interrompeu a súa publicación en 1929 a causa da persecución por unha campaña contra a corporación de Chantada por unhas polémicas obras. Reapareceu o 1 de xuño de 1930 como El Agro, e pasou a editarse en Palas de Rei. En decembro de 1930 volveu editarse en Chantada cunha orientación republicana e autonomista, e foi voceiro da ORGA. Incluíu colaboracións literarias. Cesou a súa publicación co número 153, o 13 de marzo de 1932.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita de Chantada Categoría:1928 en Galicia Categoría:Prensa agraria Categoría:Prensa republicana