A tempada 1948-49 da BAA foi a terceira edición da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que un ano despois sería rebautizada como National Basketball Association (NBA). Nesta tempada fixéronse co título os Minneapolis Lakers, debutantes na liga, vencendo nas finais ós Washington Capitols. Antecedentes Equipos O número de equipos que formaron parte da liga nesta tempada medrou dende 8 a 12 coa incorporación de 4 novos equipos provenientes da ABL: Minneapolis Lakers, Fort Wayne Pistons, Indianapolis Jets e Rochester Royals.

EquipoCidadePavillónCapacidade01 - Saint Louis BombersSaint LouisSaint Louis Arena14.20002 - Baltimore BulletsBaltimoreBaltimore Coliseum5.50003 - Washington CapitolsWashingtonUline Arena7.50004 - Boston CelticsBostonBoston Garden14.90005 - Indianapolis JetsIndianápolisHinkle Fieldhouse10.00006 - New York KnicksNova YorkMadison Square Garden18.50007 - Minneapolis LakersMinneapolisMinneapolis Auditorium10.00008 - Fort Wayne PistonsFort WayneNorth Side High School Gym3.00009 - Rochester RoyalsRochesterEdgerton Park Arena3.50010 - Chicago StagsChicagoChicago Stadium18.60011 - Providence SteamrollersProvidenceRhode Island Auditorium5.30012 - Philadelphia WarriorsFiladelfiaPhiladelphia Arena5.500 A pesar da ampliación no número de equipos que compoñían a BAA, o certo foi que a liga seguía representando só a un par de zonas do país, á costa norte do Atlántico (División Leste) e ó medio oeste próximo ós Grandes Lagos (División Oeste).

Tempada regular A tempada regular amosou unha salientable superioridade por parte de dous equipos da División Oeste, os Rochester Royals e os Minneapolis Lakers, que remataron por riba do 70% de vitorias. Cada equipo disputou 60 encontros, e por primeira vez os 4 mellores equipos de cada división acadaron o pase para disputar as eliminatorias polo título.

División Leste EquipoVitoriasDerrotas%L1 - Washington Capitols 38 22 0'633L2 - New York Knicks 32 28 0'533L3 - Baltimore Bullets 29 31 0'483L4 - Philadelphia Warriors 28 32 0'467L5 - Boston Celtics 25 35 0'417L6 - Providence Steamrollers 12 48 0'200

División Oeste EquipoVitoriasDerrotas%O1 - Rochester Royals 45 15 0'750O2 - Minneapolis Lakers 44 16 0'733O3 - Chicago Stags 38 22 0'633O4 - Saint Louis Bombers 29 31 0'483O5 - Fort Wayne Pistons 22 38 0'367O6 - Indianapolis Jets 18 42 0'300

Playoffs

Estatísticas George Mikan foi nesta tempada 1948-49 o líder de anotación da liga con 1.698 puntos anotados (28'3 por encontro), por diante de Joe Fulks con 1.560 puntos (26'0 por encontro) e Max Zaslofsky con 1.197 puntos (20'6 por encontro). Líderes As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores: Categoría Xogador Equipo Valor Líder de anotación George Mikan Minneapolis Lakers 1.698 Líder de asistencias Bob Davies Rochester Royals 321 Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campo Arnie Risen Rochester Royals 42'3% Líder na porcentaxe de acerto en tiros libres Bob Feerick Washington Capitols 85'9% Equipos ideais Max Zaslofsky e Joe Fulks foron elixidos por terceiro ano seguido dentro do primeiro quinteto ideal da BAA.

Primeiro quinteto ideal. Posición Xogador Equipo Base Max Zaslofsky Chicago Stags Escolta Bob Davies Rochester Royals Aleiro Joe Fulks Philadelphia Warriors Aleiro Jim Pollard Minneapolis Lakers Pivote George Mikan Minneapolis Lakers

Segundo quinteto ideal. Posición Xogador Equipo Pivote Arnie Risen Rochester Royals Aleiro Bob Feerick Washington Capitols Aleiro Bones McKinney Washington Capitols Base John Logan Saint Louis Bombers Base Ken Sailors Providence Steamrollers

Véxase tamén Outros artigos National Basketball Association Ligazóns externas Páxina oficial da NBA Tódolos datos sobre a tempada 1948-49 da BAA George Mikan no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame

Categoría:Baloncesto en 1949 Categoría:Tempadas da NBA