A Universidade de León é unha universidade española de carácter público, con campus en León e Ponferrada.
Foi fundada en 1979 como escisión da Universidade de Oviedo, a partir das diversas Escolas e Facultades que, dependentes daquela, existían desde había máis ou menos tempo en León. Con todo, as orixes da universidade remóntanse a 1843, cando se crea a Escola Normal de Mestres, e 1852 coa fundación da escola subalterna de Veterinaria, sentando as bases da futura universidade leonesa.
Os últimos anos a universidade asinou importantes convenios de colaboración, entre os que destaca o asinado coa Universidade de Washington, que permitiu a instalación en León da segunda sede europea desta universidade para a aprendizaxe do español, con capacidade para 500 alumnos, e o asinado coa Universidade de Xiangtan, que propiciou a implantación na cidade do Instituto Confucio.
Centros docentes Facultade de Ciencias Biolóxicas e Ambientais Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte Facultade de Ciencias do Traballo Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Facultade de Dereito Facultade de Educación Facultade de Filosofía e Letras Facultade de Veterinaria Escola de Enxeñerías Industrial e Informática Escola Superior e Técnica de Enxeñeiros de Minas Escola Superior e Técnica de Enxeñería Agraria Escola Universitaria de Ciencias da Saúde Escola Universitaria de Traballo Social (Centro adscrito) Escola Universitaria de Turismo de León (Centro adscrito) Escola Universitaria de Turismo de Ponferrada (Centro adscrito)
250px|miniatura|Facultade de Filosofía e Letras Reitores Andrés Suárez y Suárez (1982–1984) Miguel Cordero del Campillo (1984–1986) Juan Manuel Nieto Nafría (1986–1990) Julio César Santoyo Mediavilla (1990–2000) Ángel Penas Merino (2000–2008) Jose Ángel Hermida Alonso (2008–2016) Juan Francisco García Marín (2016– )
Véxase tamén Outros artigos Campus de Ponferrada
Ligazóns externas Páxina oficial da universidade