Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.
Traxectoria Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Catro por Catro, Mesturanza, Holocausto...).
En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 volveu a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego
Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005, e foi Arquiveiro-bibliotecario da institución entre 2010 e 2013. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.
Obra Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (terminoloxía usada seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:
Teatro miniatura|E. Ruibal foi o primeiro gañador do premio de teatro de Ribadavia.
Zardigot (1973, publicada en 1974, Galaxia). O roubo do aparello (1973, traducida ao catalán por Jordi Coca co título de Un Invent Extraordinari). O cabodano (1975, publicada en 1976, Pico Sacro). A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruschetino no derradeiro século da súa vida (1975, Pico Sacro). As falcatrúas do Marqués Patacón (versión libre do anónimo medieval La farce de Maître Pathelin). O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro (1977, Pico Sacro). Azos de esguello (1990, Xerais). Brinquemos ó teatro (1990, Xunta de Galicia). Traducido ao castelán no 1997 en Ediciones de la Torre como Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales. Unha macana de dote (1990, Sotelo Blanco). Teatro mínimo (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega). O Son da buguina (1999, Tris Tram). Minimalia. 20 pezas de teatro breve (2004 Universidade da Coruña). Namberguán: guión de cinema (2008, Laiovento). Labirinto da memoria: friso contemporáneo (2010, Toxosoutos).
Narrativa miniatura De corpo enteiro (1994, Xerais). A fonte de Ana Manana (1994, Contos do Castromil). Casarriba (2000, Espiral Maior).
Literatura infanto-xuvenil Teatro infantil (1988, Ediciós do Castro). A fantástica viaxe de Sabela (1992, Xerais). Teatro infantil e xuvenil (1992, Biblioteca 114, Editorial Compostela).
Ensaio Compostela na historia (2000, A Nosa Terra). Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego (2003, Espiral Maior). Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo (2006, Real Academia Galega). Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) (2006, Tris Tram). Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).
Poesía Caderno de Ordes (2012, Toxosoutos).
Obras colectivas Homenaxe a Luís Seoane (1977). Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube). Tentativas sobre Dieste (1995, Sotelo Blanco). Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais). Maremia, O circo da medianoite, de Manuel Lourenzo e As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño (1997,AS-PG/A Nosa Terra). Poetas e narradores nas súas voces. Vol 2 (2006, Consello da Cultura Galega).
Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.
Premios Premio Abrente de teatro en 1973, por Zardigot. Premio Abrente de teatro en 1975, por O cabodano. Gañador da primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho no 1974, por O roubo do espello. Premio Álvaro Cunqueiro no 1989, por Azos de esguello. Premio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra no 2005, por Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973). A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) outorgoulle en 2024 o galardón O Escritor na súa Terra - Letra E.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(coord). (2001): Teatro, cerimonia e xogo: a traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal. Editorial Tris Tram.
Ligazóns externas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Arquiveiros/Bibliotecarios da Real Academia Galega Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1945