Francisco Buarque de Hollanda, máis coñecido como Chico Buarque, nado no Río de Xaneiro o 19 de xuño de 1944, é un poeta, músico, compositor, dramaturgo e novelista brasileiro. Foi Premio Camões en 2019.

Traxectoria

Familia e primeiros anos Naceu no seo dunha familia intelectual. O seu avó Cristóvão Buarque de Hollanda foi fundador da Escola de Farmácia da Universidade de São Paulo; o pai, Sérgio Buarque de Hollanda, foi un coñecido historiador e sociólogo, a súa nai María Amélia Buarque de Hollanda, finada aos 100 anos en 2010, foi unha intelectual, colaboradora en obras de seu pai, ademais de pianista, e neta de Cesário Alvim. Chico Buarque ten seis irmáns, entre eles as artistas Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque. Ao contrario da crenza popular, o lexicógrafo Aurélio Buarque d'Hollanda era só un familiar arredado da familia paterna do Chico.

O neno Chico era estudoso, cun interese temperán pola música e a escritura. Desde pequeno fiicou impresionado pola música, especialmente pola bossa nova e sobre todo pola obra de João Gilberto.

Casou coa actriz Marieta Severo, coa que ten tres fillas.

Carreira musical e literaria É coñecido principalmente polas súas cancións de marcada harmonía, debedoras en parte de Antônio Carlos Jobim, a quen homenaxea chamando "meu maestro soberano foi Antônio Brasileiro", e polas súas letras, que oscilan entre unha temática de carácter intimista, até cuestións como a situación cultural, económica e social do Brasil.

Colaborou con moitos músicos brasileiros, con algúns deles gravou discos ao vivo, por exemplo con Caetano Veloso e Maria Bethânia; varios deles son mencionados na súa música "Paratodos".

Ao longo da súa vida foi alternando a súa carreira musical coa de novelista e dramaturgo. As súas dúas últimas novelas, Budapeste (2005) e Leite derramado (2009), foron aclamadas pola crítica e merecedoras dos premios Passo Fundo Zaffari & Bourbon e Jabuti.

O 2 de decembro de 2012, Miguel Faria realizou o filme documental Chico - Artista Brasileiro, presentando un espectáculo do Chico Buarque combinado con declaracións súas e testemuñas doutros nomes da música popular brasileira (MPB) e con representacións de personaxes presentes nas cancións máis famosas do artista.

En novembro de 2022, o deputado estadual Eduardo Bolsonaro, fillo do presidente Jair Bolsonaro utilizou nas súas redes sociais a música “Roda Viva” do Chico Buarque. Ese feito foi denunciado polo autor, en primeira instancia a Justiça do Rio de Janeiro cuestionou a autoría por "ausência de documento indispensável sobre os direitos autorais". Os avogados do cantor recorreran a decisión afirmando “É de se anotar que o fato de que Chico Buarque é compositor e cantor de ‘Roda Viva’, especialmente no fonograma utilizado pelo réu, é fato público e notório. Trata-se de uma das músicas mais marcantes da cultura popular brasileira e da história das canções de protesto”. En decembro de 2022 a Xustiza concedeu tutela anticipada de urxencia, decidindo que Bolsonaro debía retirar imediatamente o post da música da rede social baixo pena de pagar multa diaria de R$ 1 mi.

Discografía

1966: Chico Buarque de Hollanda 1966: Morte e Vida Severina 1967: Chico Buarque de Hollanda vol. 2 1968: Chico Buarque de Hollanda (compacto) 1968: Chico Buarque de Hollanda vol. 3 1969: Umas e Outras (compacto) 1969: Chico Buarque na Itália 1970: Apesar de Você 1970: Per un Pugno di Samba 1970: Chico Buarque de Hollanda - Nº4 1971: Construção 1972: Quando o Carnaval Chegar 1972: Caetano e Chico Juntos e ao Vivo 1973: Chico Canta 1974: Sinal Fechado 1975: Chico Buarque & Maria Bethânia ao Vivo 1976: Meus Caros Amigos 1977: Cio da Terra compacto 1977: Os Saltimbancos (álbum) 1977: Gota d'Água 1978: Chico Buarque 1979: Ópera do Malandro 1980: Vida 1980: Show 1º de Maio 1981: Almanaque 1981: Saltimbancos Trapalhões 1982: Chico Buarque en Español 1983: Para Viver um Grande Amor) 1983: O Grande Circo Místico 1984: Chico Buarque 1985: O Corsário do Rei 1985: Malandro

1986: Melhores Momentos de Chico & Caetano 1986: Ópera do Malandro 1987: Francisco 1988: Dança da Meia-Lua 1989: Chico Buarque 1990: Chico Buarque ao vivo Paris Le Zenith (disco de ouro) 1993: Paratodos (disco de ouro) 1995: Uma Palavra 1997: Terra 1998: As Cidades (disco de ouro) 1998: Chico Buarque de Mangueira 1999: Chico ao Vivo (disco de ouro) 2001: Cambaio 2002: Chico Buarque – Duetos 2004: Perfil - Chico Buarque 2005: Chico No Cinema 2006: Carioca (CD + DVD co documental Desconstrução) 2007: Carioca Ao Vivo 2008: Chico Buarque Essencial 2010: Chico Buarque Perfil 2 2011: Chico 2017 Caravanas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial de Chico Buarque

Categoría:Músicos do Brasil Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1944 Categoría:Novelistas do Brasil Categoría:Dramaturgos do Brasil