Secundino Torres Vázquez, nado en Xiadás (Boqueixón) en 1930 e finado no mesmo concello o 21 de abril de 2016,Necrolóxica en La Voz de Galicia, Santiago, 22-4-2016, p. 6. foi un político galego.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro e tenente de alcalde en Boqueixón pola candidatura independente encabezada por Luis Bragaña Neira. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a Candidatura dos Independentes de Boqueixón e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 foi o cabeza de lista da Coalición Progresista Galega e resultou reelixido alcalde con maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados provinciais á moción de censura promovida polos socialistas na Deputación da Coruña en xuño de 1989. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG perdendo a alcaldía en favor do PPdeG, o cal logrou a maioría absoluta con Adolfo Gacio Vázquez (que fora o seu número 2 os 8 anos anteriores) como candidato.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boqueixón
Categoría:Alcaldes de Boqueixón Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1930
Categoría:Finados en 2016