Heroe (en , Hero) é un filme chinés wuxia dirixido por Zhang Yimou que se estreou no 2002. Protagonizado por Jet Li, o filme baséase na historia de Jing Ke, un home que tentou asasinar o emperador Qin Shi Huang no ano -227.

Sinopse Cando China estaba dividida en sete reinos que se enfrontaron entre si para conseguir a hexemonía, a miseria e a morte asolaron o país. Ó rei Qin, que vivía obsesionado coa idea de unificar China e converterse no primeiro Emperador, intentaron asasinalo os outros monarcas. Entre os asasinos contratados, os máis temíbeis eran Espada Rota, Neve Voante e Ceo. Qin promete poder, riquezas e unha audiencia privada ó que sexa quen de vencer ós tres sicarios, pero é unha tarefa case imposible. De xeito que, cando o enigmático "Sen Nome" chega ó palacio imperial coas lendarias armas dos asasinos, o rei amósase impaciente por escoitar a súa historia.

Personaxes Jet Li como Sen Nome (tradicional: 無名, simplificado: 无名, transcrición: Wúmíng). Tony Leung Chiu-Wai como Espada Rota (tradicional: 殘劍, simplificado: 残剑, transcrición: Cánjiàn). Maggie Cheung como Neve Voante (tradicional: 飛雪, simplificado: 飞雪, transcrición: Fēixuě). Chen Daoming como Qin Shi Huang (convencional: 秦王, transcrición: Qín Wáng). Donnie Yen como Ceo (tradicional: 長空, simplificado: 长空, transcrición: Chángkōng). Zhang Ziyi como Lúa (convencional: =如月, transcrición: Rúyuè)

Galardóns e nomeamentos 2002: Nomeada ó Oscar: Oscar ó mellor filme estranxeiro. 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor filme de fala non inglesa. 2002: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía. 2002: Festival de Toronto: Mellor filme de fala non inglesa. 2003: Festival de Berlín: Sección oficial de longametraxes, Premio Alfred Bauer.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Zhang Yimou Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes wuxia Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego