Peter Bradford Benchley, nado en Nova York o 8 de maio de 1940 e finado en Princeton, Nova Jersey o 12 de febreiro de 2006, foi un escritor norteamericano.

Traxectoria Procedía dunha familia de escritores, fillo de Nathaniel Benchley e neto de Robert Benchley. Estudou na Phillips Exeter Academy e en Harvard. Traballou en The Washington Post e foi editor de Newsweek e escritor de discursos da Casa Branca. En 1974 publicou a novela Jaws e foi o coautor do guión do filme que realizou Steven Spielberg baseado na súa novela.

Obra Ficción 1974 Jaws 1976 he Deep 1979 The Island 1982 The Girl of the Sea of Cortez 1986 Q Clearance 1989 Rummies 1991 Beast 1994 White Shark 1997 Peter Benchley's Creature

Non ficción 1994 Ocean Planet: Writings and Images of the Sea 2001 Shark Trouble: True Stories About Sharks and the Sea 2002 Shark!: True Stories and Lessons from the Deep 2005 Shark Life: True Stories About Sharks and the Sea (con Karen Wojtyla)

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2006