A Galicia de Maeloc, é o primeiro álbum de estudio do grupo tradicional galego Milladoiro. Foi gravado nos estudos Audiofilm de Madrid en febreiro de 1980 e publicado en 1980, baixo o selo Ruada. No mercado francés publicouse en 1983, baixo o selo Escalibur. Foi reeditado en 1984, baixo o selo Diapasón. En 1990 foi editado en CD, polo selo Doblón (Dial Discos).
Trátase do primeiro disco galego que combina gaitas galega e irlandesa (uillean pipe), ocarina, zanfona, arpa, clavecín, frautas, etc.; e do primeiro que se editou no mercado francés.
Lista de cancións
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Datos do álbum en discogs.com
Categoría:Álbums musicais de 1980 Categoría:Álbums de Milladoiro