Happy Hollow é o quinto álbum da banda estadounidense de indie rock Cursive, editado o 22 de agosto do 2006 a través do selo Saddle Creek Records. O disco chamouse así por un barrio de xente de clase alta en Omaha, Nebraska.

O álbum é o primeiro da banda dende a saída da chelista Gretta Cohn, cuxa instrumentación foi un compoñente importante do álbum The Ugly Organ do 2003. O disco inclúe significativos arranxos de trompa para quinteto realizados por Nate Walcott.

As letras de Happy Hollow forman un álbum conceptual que xira ao redor dunha pequena cidade e os seus habitantes, e trata conceptos como o dogma relixioso e a hipocrisía.

Listaxe de cancións "Opening the Hymnal/Babies" - 2:32 "Dorothy at Forty" - 3:02 "Big Bang" - 3:56 "Bad Sects" - 3:39 "Flag and Family" - 2:56 "Dorothy Dreams of Tornadoes" - 2:54 "Retreat!" - 3:57 "The Sunks" - 2:53 "At Conception" - 2:57 "So-So Gigolo" - 3:43 "Bad Science" - 2:40 "Into the Fold" - 4:16 "Rise Up! Rise Up!" - 3:22 "Hymns for the Heathen" - 2:39

Categoría:Álbums de Cursive Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums de Saddle Creek Records