Michael Graham Cox, nado o 6 de xaneiro de 1938, finado o 8 de abril de 1995, foi un actor británico.

Traxectoria

A parte fundamental da súa carreira desenvolveuna nos platós de televisión, en series dramáticas como Grange Hill, na que interpretou o amable profesor Mr. Butterworth; ou cómicas como Life Begins at Forty, na que actuou xunto a Derek Nimmo e Rosemary Leach. Como actor cinematográfico, só é posible destacar dúas pequenas intervencións en sendas películas de Richard Attenborough: A Bridge Too Far e Cry Freedom.

Na súa faceta de actor de voz, puxo a de Boromir en dúas producións diferentes, ambas baseadas en O Señor dos Aneis, de J. R. R. Tolkien: a película animada de 1978 dirixida por Ralph Bakshi; e o serial radiofónico de 1981 producido e emitido pola BBC. Tamén deu voz a un personaxe na película animada baseada en Watership Down, de Richard Adams. Interveu tamén noutros seriais da BBC producidos e dirixidos por Jane Morgan (unha amiga e colega de toda a vida) baseados na obra de Dickens.

Filmografía Mulleres namoradas The Optimists King Arthur, the Young Warlord A Bridge Too Far Watership Down (voz) The Lord of the Rings (voz) The Little Drummer Girl Cry Freedom

Véxase tamén Ligazóns externas Filmografía no British Film Institute.

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 1995