A bandeira de Togo foi adoptada o 27 de abril de 1960 e foi deseñada polo Paul Ahyi e ten unhas proporcións practicamente áureas (3:5).

Descrición A bandeira de Togo consta de cinco franxas horizontais iguais e de cor verde (parte superior e inferior) alternando co amarelo. No extremo superior esquerdo (do lado do pau) hai un cadrado vermello sobre o que aparece unha estrela branca de cinco puntas. A bandeira emprega as cores panafricanas, do mesmo xeito que a bandeira de Etiopía, aínda que o deseño da bandeira togolesa aseméllase ao da bandeira de Liberia, a cal faise eco á vez da bandeira dos Estados Unidos.

Cores e significado As cores da bandeira de Togo teñen os seguintes significados: Verde: significa esperanza na agricultura. Amarelo: a fe no traballo, a estrela é a pureza. Vermello: a claridade, a fidelidade e o amor.

Bandeiras históricas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Togo en Flags of the World

Categoría:Símbolos de Togo Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1960