Talal I bin Abdullah, Rei de Xordania (en , Ṭalāl ibn `Abd Allāh) nado o 26 de febreiro de 1909 na cidade da Meca (Arabia Saudita) e finado o 7 de xullo de 1972 en Istanbul (Turquía), foi rei de Xordania desde o 20 de xullo de 1951 até verse forzado a abdicar por razóns de saúde o 11 de agosto de 1952 (os británicos afirmaron de que sufría esquizofrenia).
Vida
Recibiu formación castrense na Real Academia Militar de Sandhurst do Reino Unido graduándose en 1939. Talal accedeu ao trono de Xordania despois do asasinato do seu pai, o rei Abdullah I en Xerusalén durante a oración do Venres. Seu fillo Hussein, quen acompañaba ao seu avó, tamén estivo a piques de ser asasinado.
Durante o seu breve reinado, Talal promoveu a redacción dunha Constitución liberal para o Reino de Xordania que permitise a formación dun goberno de carácter representativo con ministros responsables de forma individual ante o Parlamento. A Constitución foi ratificada o 1 de xaneiro de 1952. Tamén destacou durante o reinado de Talal a mellora que experimentaron as relacións entre o Reino de Xordania e os veciños Estados árabes de Exipto e Arabia Saudita, previamente tensas.
Familia
O 27 de novembro de 1934 Talal casou coa súa prima irmá Zein bint Jamil 'Ali, Xerifa da Meca, coa que tivo catro fillos e dúas fillas:
S.M. o rei Hussein I: 14 de novembro de 1935 – 7 de febreiro de 1999. S.A.R a princesa Asma, falecida pouco despois do seu nacemento en 1937. S.A.R o príncipe Muhammad: 2 de outubro de 1940 – 29 de abril de 2021. S.A.R o príncipe El Hassan: 20 de marzo de 1947. S.A.R o príncipe Muhsin, morto. S.A.R a princesa Basma: 11 de maio de 1951.
Liña do tempo
Notas
Categoría:Reis de Xordania Categoría:Nados en 1909 Categoría:Nados na Meca Categoría:Finados en 1972