Garafía é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife que está situado no noroeste da illa de La Palma. A capital municipal denomínase Santo Domingo.
Historia e características 220px|esquerda|miniatura|Santo Domingo de Garafía Ten unha extensión de 103 km² e unha lonxitude de costa de 25,50 km. No seu termo municipal atópase o Roque de los Muchachos, punto máis alto da illa con 2.426 metros onde se emprazou un importante observatorio astrofísico pertencente ao IAC.
Tradicionalmente foi un pobo con problemas de comunicación e illamento, o que provocou problemas de desenvolvemento e un descenso de poboación importante. Con todo isto preservou o seu carácter rural e ecolóxico, o que fai que teña un gran potencial para o turismo rural.
O municipio está formado polos núcleos de Cueva del Agua, Don Pedro, Franceses, Santo Domingo, Hoya Grande, Juan Adalid-El Mudo, Llano Negro, El Palmar, Roquefaro, El Tablado, Las Tricias, El Castillo e La Mata.
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Garafía
Categoría:Concellos de La Palma