1814 (MDCCCXIV) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 14 de xaneiro - Noruega, posesión de Dinamarca, pasa a Suecia. Dinamarca conserva as Illas Feroe, Islandia e Groenlandia, antigas posesións norueguesas. 22 de marzo - Fernando VII volve a España desde o exilio. 10 de abril - Batalla de Tolosa entre o exército francés e as tropas do Duque de Wellington. 3 de maio - Chile: Fírmase o Tratado de Lircay, acordando un cesamento das hostilidades entre as forzas patriotas e realistas. 4 de maio - Fernando VII suspende as Cortes de Cádiz despois que o xeneral Elío, emitira un decreto que implicaba un pronunciamento pola súa parte en Valencia. 11 de setembro - Na Batalla de Plattsburgh (Guerra de 1812) un escuadrón estadounidense derrota un escuadrón británico, que se ve forzado a recuar ata o Canadá. 1 de outubro - Comeza o Congreso de Viena. 17 de outubro - Chile: unha columna realista sorprende e dispersa aos patriotas en El Roble. 24 de decembro - Inglaterra e os Estados Unidos firman en Gante unha "paz perpetua", pondo fin a Guerra de 1812. Hokusai, o pintor xaponés do Ukiyo-e, bautiza co termo manga, ao conxunto de debuxos garabateados que, posteriormente, terá éxito como xénero de arte e historieta na segunda metade do século XX.

Nacementos 1 de marzo - Frei Rosendo Salvado, frade, misioneiro, bispo e escritor galego. É considerado como o introdutor do eucalipto en Galiza (m. 1900) 30 de maio - Mikhaíl Alexándrovich Bakunin, revolucionario anarquista ruso. 13 de agosto - Anders Jonas Ångström, astrónomo sueco. 24 de outubro - Rafael Carrera y Turcios, político e presidente de Guatemala (m. 1865)

Mortes 27 de xaneiro - Johann Gottlieb Fichte, filósofo alemán (n. 1762). 2 de setembro - Catherine Green, inventora estadounidense. 2 de decembro - Donatien Alphonse François de Sade (marqués de Sade), filósofo e escritor francés (n. 1740). 3 de novembro - Isidoro de Antillón, xeógrafo e político aragonés (n. 1778).

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1814