miniatura|250x250px|División territorial de España en 1833 (rexións). A Rexión de Murcia creouse na reorganización territorial de 1833, herdeira do antigo Reino de Murcia e do departamento de Río Segura (definido durante o reinado de Xosé Bonaparte e que nunca chegou a entrar en vigor). Estaba formada polas provincias de Albacete e Murcia. Como o resto de rexións definidas na devandita división territorial, carecía de calquera competencia de tipo administrativo, limitándose a ser unha simple clasificación provincial.
A Constitución de 1978 trouxo a creación das comunidades autónomas e levou á provincia de Murcia a se constituír na nova Rexión de Murcia, pasando a provincia de Albacete a Castela-A Mancha.
Murcia Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Historia de Castela-A Mancha Categoría:Historia da Rexión de Murcia