Wayne Rooney, nado en Croxteth, preto de Liverpool, o 2 de outubro de 1985, é un exfutbolista e adestrador inglés, actual adestrador do DC United dende 2022. Xogaba de dianteiro e militou durante a maior parte da súa carreira no Manchester United, co que marcou 253 goles en 559 partidos. Foi 120 veces internacional coa selección de Inglaterra, coa que anotou 53 goles.

Traxectoria Xogador de club Rooney comezou a súa carreira no Everton Football Club, e despois de dúas tempadas asinou co Manchester United por 25'6 millóns de libras. Dende entón acadou 4 Premier Leagues, 3 Carling Cups, 4 Community Shields, 1 Liga de Campións da UEFA e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA. A pesar de ser un dianteiro goleador, nunca gañou a Bota de Ouro da Premier League.

Xogador de selección Coa selección inglesa debutou en 2003, e despois disputou a Eurocopa de Portugal 2004 (4 goles), o Mundial de Alemaña 2006 (0 goles), e o Mundial de Suráfrica 2010 (0 goles), caendo sempre en cuartos ou en oitavos de final.

Véxase tamén Outros artigos Premier League 2011-2012 Liga de Campións da UEFA 2011-12 UEFA Europa League 2011-12 Ligazóns externas Páxina oficial de Wayne Rooney Perfil de Rooney na páxina do Manchester United Perfil de Rooney na páxina da Federación Inglesa de Fútbol

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Ingleses de ascendencia irlandesa Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Xogadores do Everton FC Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores da Major League Soccer Categoría:Xogadores do DC United Categoría:Xogadores do Derby County FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores de fútbol de Inglaterra Categoría:Adestradores do D.C. United