A tirotropina ou hormona estimulante da tiroide (TSH) é unha hormona peptídica sintetizada e segregada polas células tirotropas da adenohipófise ou pituitaria anterior, que regula a función endócrina da glándula tiroide.
Fisioloxía miniatura|250px|dereita|O sistema das hormonas tiroides triiodotironina (T3) e tiroxina (T4) é regulado polas hormonas TSH e TRH do eixe hipotalámico-hipofisario.References used in image are found in image article in Commons:Commons:File:Thyroid_system.png#References.
Regulación da liberación de TSH
A produción de TSH é controlada pola hormona liberadora da tirotropina (TRH) segregada polo hipotálamo e transportada ata a adenohipófise polos vasos sanguíneos do sistema portal hipotalámico-hipofisario, e unha vez alí incrementa a produción e liberación de TSH. A hormona tamén hipotalámica somatostatina, ten o efecto contrario, facendo decrecer ou inhibindo a produción de TSH na adenohipófise.
Como a TSH estimula a glándula tiroide para que segregue as hormonas tiroxina (T4) e triiodotironina (T3), os niveis destas hormonas tamén inflúen na produción de TSH. A concentración sanguínea de hormonas tiroides (T3 e T4) regula a liberación de TSH na hipófise por retroalimentación negativa; cando as concentracións de T3 e T4 son baixas, a produción de TSH increméntase, e, inversamente, cando son altas, a produción de TSH decrece.
Efectos da TSH sobre a tiroide A TSH actúa sobre a glándula tiroide, estimulando que esta produza as hormonas tiroxina e triiodotironina, influíndo en diversas actividades das células da tiroide, como son:
Aumenta a proteólise da tiroglobulina intrafolicular, co que aumenta a liberación de hormona tiroide cara ao sangue circulante e diminúe a substancia folicular mesma. Aumenta a actividade da bomba de iodo, que incrementa o índice de captación de ioduro nas células glandulares. Aumenta a iodación da tirosina e da súa unión para formar hormonas tiroides. Aumenta o tamaño e a función secretoria das células tiroides. Aumenta o número de células das glándulas e fai que se transformen de cuboides a cilíndricas.
Estrutura Subunidades A TSH é unha glicoproteína e consta de dúas subunidades, a alfa e a beta. A subunidade α (ou subunidade alfa das hormonas glicoproteicas) ten 92 aminoácidos e é case idéntica ás da gonadotropina coriónica humana (hCG), hormona luteinizante (LH), e hormona estimulante dos folículos (FSH). Pénsase que a subunidade α é a rexión efectora responsable da estimulación da adenilato ciclase (que xera AMPc). Esta subunidade está codifocada por un xene do cromosoma 6 situado no locus q14-q21. A subunidade β (TSHB), de 118 aminoácidos, é exclusiva da TSH, e, por tanto, determina a súa especificidade polo receptor. Está codificada por un xene do cromosoma 1 situado no locus p13.
O receptor da TSH
O receptror da TSH atópase principalmente nas células foliculares da tiroide. A estimulación do receptor incrementa a produción e secreción de T3 e T4. Os anticorpos que estimulan este receptor producen efectos semellantes aos da TSH e causan a enfermidade de Graves-Basedow. Ademais, a gonadotropina coriónica humana (hCG) mostra algunha reactividade cruzada co receptor da TSH, polo que pode estimular a produción de hormonas tiroides. No embarazo, as concentracións prolongadas de hCG poden producir unha condición transitoria denominada hipertiroidismo xestacional.
Aplicacións Diagnósticos Nos adultos o rango de referencia estándar de TSH está entre 0,4 e 3,0 µIU/mL (equivalente a mIU/L), pero os valores varían lixeiramente segundo os laboratorios. Por exemplo, no Reino Unido, as directrices da Association for Clinical Biochemistry sinalan un rango de referencia de 0,4-4,5 mIU/L. A National Academy of Clinical Biochemistry (NACB) reduce o rango a 0,4–2,5 µIU/mL.
As concentracións de TSH nos rapaces son normalmente maiores ca as dos adultos. En 2002, a NACB recomendaba límites de referencia relacionados coa idade de 1,3 a 19 µIU/mL para neonatos, que baixaban a 0,6–10 µIU/mL ás 10 semanas de vida, e a 0,4–7,0 µIU/mL aos 14 meses e seguían baixando gradualmente durante a nenez e puberdade ata os niveis adultos de 0,4–4,0 µIU/mL.
As concentracións de TSH mídense clinicamente como parte dunha proba para comprobar a función tiroide en pacientes nos que se sospeita que teñan un exceso (hipertiroidismo) ou deficiencia (hipotiroidismo) de hormonas tiroides. A interpretación dos resultados depende das concentracións de TSH e de T4. En certas situacións pode ser tamén útil a medición das concentracións de T3.
Tipo de patoloxía Nivel de TSH Nivel de hormona tiroide Condicións causantes de doenzas Hipotálamo/hipófise Alto Alto Tumor de hipófise benigno (adenoma) ou resistencia á hormona tiroide Hipotálamo/hipófise Baixo Baixo Hipopituitarismo Tiroide Baixo Alto Hipertioidismo ou enfermidade de Graves Tiroide Alto Baixo Hipotiroidismo conxénito (cretinismo), hipotiroidismo ou tiroidite de Hashimoto
A proba da TSH tamén se recomenda agora para os recoñecementos de enfermidades tiroides. Os recentes avances que aumentaron a sensibilidade da proba da TSH, fan que esta sexa máis útil que a medición de T4 libre.
Terapéutica Unha droga sintética chamada TSH humana recombinante alfa (rhTSHα ou rhTSH, comercializada co nome Thyrogen), utilízase para tratar o cáncer de tiroide.
Notas
Ligazóns externas MedlinePlus - 003684 TSH tests MeshName - Thyrotropin
Categoría:Hormonas