Amalia Pérez Otero, nada en Vigo o 6 de outubro de 1974, é unha psicopedagoga e escritora galega.

Traxectoria Diplomada en Maxisterio na especialidade de Filoloxía pola Universidade de Vigo no 1995 e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña no 1998. Tras ter traballado como profesora en diversos centros de ensino, exerce, actualmente como mestra de Pedagoxía Terapéutica, desde o 1998.

Ten participado en diversos congresos e múltiples programas formativos sobre ensino, e desenvolve tamén actividades como contacontos e imparte cursos de formación do profesorado.

Obras Literatura infanto-xuvenil O pequeno Yared, 2007, Nova Galicia. O libro da Illa de Ons, 2008, A Nosa Terra. O libro da Illa de Tambo, 2008, A Nosa Terra. O libro das Illas Cíes, 2008, A Nosa Terra. Soños de algodón, 2008, Nova Galicia. Yared e a súa nova familia, 2008, Nova Galicia. O libro da Illa de Cortegada, 2009, A Nosa Terra. Yared e a escola, 2009, Nova Galicia. Yared visita ao dentista, 2009, Nova Galicia. O libro da Illa de San Simón, 2010, A Nosa Terra. A xanela, 2010, Ir Indo. Alba, a princesa das sete coroas, 2011, Ir Indo.

Obras colectivas Libro de actas do IX Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía, 2007, Universidade da Coruña/Universidade do Minho (Portugal). "Unha experiencia pedagóxica entre centros: A socialización como base da convivencia". Saudiña (Vigo), nº 15, 111-113. 2008. Comunícome co mundo. Desenvolvemento da linguaxe (2011) Aprecio o mundo. Valores Móvome no mundo. Motricidade e movemento

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Galegos Ficha da autorana AELG

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña