Magsat, tamén coñecido como Explorer 61, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 30 de outubro de 1979 mediante un foguete Scout desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características A misión de Magsat consistiu en medir os campo magnético da Terra a baixa altura e en gran detalle co obxectivo de mellorar e actualizar as cartas magnéticas a nivel mundial e rexional e facer unha recompilación das zonas da codia terrestre con anomalías magnéticas.
O satélite estaba composto de dúas partes: o módulo instrumental (cos instrumentos de medición e o sistema de despregue dos mesmos) e o módulo base (cos sistemas de comunicación, enerxía e propulsión). O instrumento principal, un magnetómetro, foi despregado a unha distancia de 6 metros da nave para facer as medicións.
Magsat foi inxectado nunha órbita inicial de 550 km de apoxeo, 348 km de perixeo, 93,6 graos de inclinación orbital e un período orbital de 93,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 11 de xuño de 1980.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas NASA AND USGS MAGNETIC DATABASE "ROCKS" THE WORLD
Categoría:Programa Explorer