Luis Gamonal Gago, nado en Villadangos del Páramo (León) o 1 de xuño de 1922, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Na tempada 1945–46 xogou no FC Barcelona, conseguindo a Copa Duarte desa campaña.

Na tempada 1946–47 fichou polo Deportivo da Coruña, co que descendeu ao final da campaña a Segunda División, permanecendo unha tempada máis.

Na tempada 1947–48 xogou no Racing Club de Ferrol, na Segunda División.

Na tempada 1948–49 foi contratado polo CD Málaga, club co que subiu a Primeira División esa campaña. Despois de dúas tempadas na máxima categoría, o club novamente descedeu a Segunda División na campaña 1950–51, permanecendo Gamonal un ano máis no equipo.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Amigos Malaguistas Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Málaga