Margarita Cameselle Álvarez,nada en Vigo en 1980, é unha regatista galega.

Traxectoria Comezou en clase snipe, na que obtivo unha medalla de bronce nun campionato de España. Posteriormente pasouse á categoría match race, na que en maio de 2009 se proclamou en Valencia primeira campioa de España da categoría, ao patronear unha embarcación, a Tuypan CaixanovaMarga Cameselle se adjudica el I Campeonato de Match Race Femenino de Clase Olímpica en Valencia , conformada tamén por Sofía Basterra e Esperanza Barreras. En 2010 tentou revalidar o campionato, pero foi derrotada pola embarcación patroneada por Támara Echegoyen.

Ao ano seguinte, en 2011, cambiou de categoría e pasou á Platu 25, coa que capitaneou o barco de tripulación mixta Pastor-Porto de Vigo, do Monterreal Club de Iates de Baiona, na que figuraban Alberto García, Marcos Pérez, Rubén Martínez e Mikel Pasabant.

Notas

Categoría:Regatistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes