Prudencio Landín Carrasco, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1912 e finado na mesma vila o 30 de xuño de 1988, foi un avogado e político galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Fillo de Prudencio Landín Tobío. Era licenciado en Dereito e profesor mercantil. Durante a guerra civil española combateu como voluntario no bando nacional, acadando o grao de tenente provisional de artillaría. Rematado o conflito bélico retomou o seu labor como avogado. Foi nomeado xefe provincial da policía municipal, traballou na delegación provincial de xustiza e dereito, e foi secretario do Tribunal tutelar de menores en Pontevedra.
En 1957 foi nomeado alcalde de Pontevedra, e en xullo de 1959 presidente da Deputación e procurador en Cortes. En 1963 foi nomeado Gobernador civil de Guadalaxara, e o 15 de febreiro de 1964 de Córdoba. O 8 de xuño de 1968 foi nomeado Gobernador civil da Coruña, cargo que ocupou até 1972.
Foille concedida a encomenda de Cisneros, a Gran Cruz do Mérito Civil e do Mérito Agrícola, e outras de carácter militar como a Laureada Colectiva.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Gobernadores civís de Córdoba Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Gobernadores civís de Guadalaxara Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil