As endorfinas (do grego endóxeno e morfina) son péptidos opiáceos endóxenos que funcionan como neurotransmisores.Oswald Steward: Functional neuroscience (2000), page 116. Preview at: Google books. Prodúcense na hipófise ou pituitaria e no hipotálamo dos vertebrados durante o exercicio, excitación, dor, consumo de capsaicina (alimentos picantes), amor e orgasmo, e parécense aos opiáceos na súa capacidade analxésica e produción dunha sensación de benestar.

A secuencia de aminoácidos da β-endorfina é: Tyr-Gly-Gly-Phe-Met-Thr-Ser-Glu-Lys-Ser-Gln-Thr-Pro-Leu-Val-Thr-Leu-Phe-Lys-Asn-Ala-Ile-Ile-Lys-Asn-Ala-Tyr-Lys-Lys-Gly-GluDBGET. Coñécense tamén a α-endorfina, γ-endorfinaLing N, Burgus R, Guillemin R. "Isolation, primary structure, and synthesis of α-endorphin and γ-endorphin, two peptides of hypothalamic-hypophysial origin with morphinomimetic activity ." Proceedings of the National Academy of Sciences 1976 Nov;73(11):3942-6. PMID 1069261, α-neo-endorfina e β-neo-endorfina.

As endorfinas pertencen ao grupo dos péptidos opiáceos, entre os que no ser humano están incluídos ademais as encefalinas, dinorfinas, adrenorfina, amidorfina e opiorfina.

Historia Os neuropéptidos opiáceos descubríronse en 1974 por dous grupos independentes de investigadores:

John Hughes e Hans Kosterlitz en Escocia illaron do cerebro do porco unha substancia que denominaron encefalina. Aproximadamente ao mesmo tempo, Rabi Simantov e Solomon H. Snyder nos EEUU no cerebro da vaca atoparon o que Eric Simon (que descubriu independentemente os receptores de opiáceos no cerebro) denominou máis tarde "endorfina", como abreviatura de "morfina endóxena", é dicir, "morfina producida naturalmente no corpo". Recentes estudos demostraron que diversos animais e tecidos humanos poden producir mesmo a propia morfina, a cal non é un péptido como as endorfinas. A β-endorfina descubriuse en extractos de hipófise de camelo por C.H. Li e David Chung. O descubrimento foi un máis entre os de moitos opiáceos endóxenos que se estaban a descubrir entón, como a Met-encefalina, Leu-encefalina, e dinorfina. Pouco despois o laboratorio de C.H. Li caracterizou os efectos deste péptido.

Modo de acción Derivados da proopiomelanocortina Proopiomelanocortina

γ-MSH ACTH β-lipotropina

α-MSH CLIP γ-lipotropina β-endorfina

β-MSH

A β-endorfina libérase ao sangue desde a glándula hipófise (pituitaria) e ao sistema nervioso central desde as neuronas hipotalámicas. A β-endorfina que se libera ao sangue non pode entrar no cerebro en grandes cantidades porque non atravesa facilmente a barreira hemato-encefálica, polo que a importancia fisiolóxica da β-endorfina que se encontra no sangue non está moi clara. A β-endorfina é un produto do corte dun péptido máis longo, a proopiomelanocortina (POMC), a cal é tamén precursora da hormona adrenocorticotropa (ACTH). Os efectos da β-endorfina sobre o comportamento exérceos debido ás súas accións no encéfalo e medula espiñal, e pénsase que as hormonas hipotalámicas son a principal fonte de β-endorfina para esas áreas. En situacións nas que o nivel de ACTH se incrementa (por exemplo, a síndrome de Cushing), o nivel de endorfinas tamén se incrementa lixeiramente.

A β-endorfina ten a máxima afinidade polo receptor opiáceo μ1, e unha afinidade lixeiramente menor polos receptores opiáceos μ2 e δ, e baixa afinidade polos receptores opiáceos κ1Daniel J. J. Carr1 and J. Edwin Blalock. Opioid �, �, and � Receptors for Endorphins.. Os receptores opiáceos μ son o principal tipo de receptor sobre o que actúa a morfina. No sentido clásico, os receptores opiáceos μ son presinápticos, e inhiben a liberación de neurotransmisores; a través deste mecanismo, inhiben a liberación de neurotransmisores inhibitorios GABA, e desinhiben as vías da dopamina, causando unha maior liberación de dopamina. Ao influíren neste proceso, os opiáceos exóxenos producen unha liberación inadecuada de dopamina, o que orixina unha plasticidade sináptica anormal, que causa dependencia. Os receptores opiáceos teñen moitos outros efectos no cerebro e sistema nervioso periférico, modulación da dor, das funcións cardíaca, gástrica e vascular e posible pánico e saciedade, e os receptores atópanse a miúdo en localizacións postsinápticas e presinápticas.

Actividade Os científicos ás veces debaten se determinadas actividades producen a liberación de niveis mesurables de endorfinas. A maioría dos datos actuais proceden de estudos feitos en modelos animais, os cales non sempre son relevantes para os humanos. Os estudos que se fan en humanos xeralmente miden os niveis de endorfina no plasma sanguíneo, o cal non necesariamente se correlaciona cos niveis de endorfinas no sistema nervioso central. Outros estudos utilizan un antagonista opiáceo (normalmente naloxona) para medir indirectamente a liberación de endorfinas observando os cambios que ocorren cando se bloquean as actividades das endorfinas.

Exercicio extenuante Un dos efectos propostos da produción de endorfinas parece que ten lugar cando se realiza un exercicio extenuante, que por encima de certo limiar orixina a liberación de endorfinas. As endorfinas libéranse durante os adestramentos deportivos longos, continuos, cando o nivel de intensidade está entre moderado e alto e a respiración é difícil. Correspóndese co momento en que os músculos consomen o seu glicóxeno almacenado. Os corredores de longas distancias poden seguir correndo a pesar da dor que doutro modo produciría o seu corpo, superando o que sería o seu límite de esforzo. Tamén se producen sensacións de euforia e benestar. Porén, nese estado libéranse diversos produtos (epinefrina, serotonina, dopamina, anandamida), polo que non está claro que os responsables dese estado sexan só as endorfinas. Tamén podería ser un efecto psicolóxico producido pola sobrecarga de información do cerebro, que podería producir un estado alterado de conciencia, que dá esa sensación pracenteira. Algúns estudos indican que podería ser que as endorfinas se liberen non como resultado do cansazo, senón polo efecto de poder superar un reto deportivo.. Por tanto, o papel das endorfinas neste efecto está lonxe de considerarse demostrado.

Trastorno de despersonalización As endorfinas xogan un papel no trastorno de despersonalización. Os antagonistas de opiáceos naloxona e naltrexona utilízanse con éxito no tratamento deste trastorno.

Relaxación Investigacións clínicas do ano 2003 indican que a relaxación profunda en tanques de flotación desencadea a produción de endorfinas.Anette Kjellgren, 2003, The experience of floatation REST (restricted Environmental stimulation technique), subjective stress and pain, Goteborg University Sweden, Isto explica o alivio da dor que se experimenta durante as sesións de flotación neses tanques de illamento.Kjellgren A, Sundequist U, et al. "Effects of flotation-REST on muscle tension pain". Pain Research and Management 6 (4): 181-9

Acupuntura Estudos clínicos de 1999 indican que a inserción de agullas de acupuntura en zonas específicas do corpo desencadea a produción de endorfinas. Noutro estudo observouse que hai niveis altos de endorfinas no líquido cefalorraquídeo en pacientes que foron sometidos a acupuntura. Ademais, a naloxona parece bloquear o alivio da dor causado pola acupuntura.

Embarazo O sincitiotrofoblasto, un tecido placentario de orixe fetal, segrega endorfinas na corrente sanguínea materna a partir do terceiro mes de xestación. Un estudo recente propón unha explicación adaptativa para este fenómeno. Os autores consideran que os fetos fan ás súas nais dependentes da endorfina e manipúlanas para incrementar a asignación de nutrientes á placenta. Tamén consideran que a depresión posparto pode estar influída pola privación destas endorfinas, e despois, a lactación induce a produción de endorfinas na hipófise materna, que evita os síntomas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - Endorphins

Categoría:Opioides Categoría:Neurotransmisores