miniatura|Acta da fundación do club. O Genoa Cricket and Football Club, ou simplemente Genoa, é unha entidade deportiva italiana da cidade de Xénova, en Liguria, fundada o 7 de setembro de 1893. Ó longo da súa historia gañou 9 veces o Scudetto e 1 vez a Coppa Italia. O equipo compite na edición 2011-12 da Serie A.
O Genoa CFC disputa os seus encontros como local no Estadio Luigi Ferraris, un recinto con capacidade para acoller a 36.536 seareiros, que comparte co seu veciño e máximo rival, o UC Sampdoria, co cal disputa o denominado Derbi della Lanterna.
A entidade ten outras seccións deportivas non profesionais, como a de crícket, a de wáter-polo e a de fútbol feminino.
Dende 2003 preside o club o empresario multimillonario Enrico Preziosi, nado en 1948, fundador e dono da empresa Giochi Preziosi, a cuarta empresa fabricante de xoguetes a nivel mundial despois de Lego, Mattel e Hasbro.
Palmarés Títulos nacionais 20px|Scudetto Scudettos (9) = 1898, 1899, 1900, 1902, 1903, 1904, 1914-15, 1922-23, 1923-24 20px|Coppa Italia Coppa Italia (1) = 1936-37 Torneos internacionais Copa dos Alpes (2) = 1962, 1964 Copa da Amizade (1) = 1963 Copa Anglo-Italiana (1) = 1995-96
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Genoa
Categoría:Equipos de fútbol de Italia