SORCE (acrónimo de Solar Radiation and Climate Experiment) é un observatorio espacial da NASA lanzado o 25 de xaneiro de 2003 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.

Características A misión de SORCE é medi-la radiación solar en diferentes lonxitudes de ondas (entre 200 nm e 2000 nm) para estudar a influencia do Sol sobre a Terra.

O satélite estabilízase nos tres eixos e cos paneis solares pregados mide 100 cm de ancho por 160,3 cm de alto

Instrumentos SORCE leva catro instrumentos a bordo:

Total Irradiance Monitor (TIM) Spectral Irradiance Monitor (SIM) Solar Stellar Irradiance Comparison Experiments (SOLSTICE) XUV Photometer System (XPS)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de SORCE

Notas

Categoría:Satélites artificiais