Francisco Suárez Salgado, nado en Beba (Mazaricos) o 13 de febreiro de 1862 e finado nos Ánxeles (Brión) o 20 de agosto de 1910, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria miniatura|page=37|"El alma de Galicia encarnada en Rosalía de Castro" en Á Rosalía Castro, en el duodécimo aniversario de su muerte, los gallegos residentes en la República Argentina. PDF. Cursou estudos de humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago. Dedicouse ao xornalismo, comezando en La Cruz, de Santiago, con composicións satíricas moi celebradas; fundou no Carril El Varapalo de Picaños; colaborou en El Libredón, Gaceta de Galicia, El Ciclón e El Pensamiento Galaico de Santiago, La Voz de Galicia da Coruña, El Siglo Futuro, El Noticiero e El Imparcial de Madrid. En Compostela fundou o semanario político-literario La Verdad.
En 1885 emigrou a Buenos Aires, onde seguiu exercendo a carreira sacerdotal como párroco de Quilmes (1887-1893) e colaborando na prensa da capital arxentina. Volveu a Galicia en 1890.Gaceta de Galicia, 11-8-1890, p. 2. En 1898 regresou definitivamente a Galicia, como representante en Europa do periódico El Eco de Galicia e en 1902 fundou en Santiago de Compostela a revista La Acción Católica, que tamén dirixiu, e cursou a carreira de dereito.
Destacou como orador, sendo o primeiro sacerdote que utilizou o galego nos seus discursos patrióticos. Das súas conferencias e discursos destaca o titulado "A alma galega encarnada en Rosalía de Castro".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Mazaricos Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1910