Alzira é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de teatro Alzire, ou les Américains de Voltaire. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Carlo de Nápoles o 12 de agosto de 1845, non tendo demasiado éxito, á parte da estrea só houbo catro representacións máis, sendo a derradeira o 21 de agosto dese mesmo ano.Schlitzer, Franco, "Verdi's Alzira at Naples" (April 1954). Music & Letters, 35 (2): pp. 125-127.
Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 12 de agosto de 1845(Director: - )Alvaro, pai de Gusmano, inicialmente gobernador do PerubaixoMarco AratiGusmano, gobernador de Peru barítonoFilippo ColettiOvando, un duque españoltenorCeciZamoro, líder dunha tribo peruana tenorGaetano FraschiniAtaliba, líder dunha tribo peruanabaixoMichele BenedettiAlzira, filla de AtalibasopranoEugenia TadoliniZuma, súa empregadamezzosopranoMaria SalvettiOtumbo, un guerreiro americanotenorFrancesco RossiOficiais e soldados Españois, americanos
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1845