Yeles é un concello español da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Torrejón de Velasco da provincia de Madrid e Esquivias, Numancia de la Sagra e Illescas da provincia de Toledo.

Toponimia "Yeles" é de orixe incerta, con varias hipóteses. Podería derivar da palabra "hieles", debido ao sabor amargo das súas augas. Tamén podería do termo xermánico "agelus", que significa campo. Outros apuntan a que provén da palabra "hielo".

Historia A orixe está ligado á confluencia do río Guatén e o seu afluente, o Bohadilla, na época dos celtas. A súa antigüidade fica constatada a partir de restos celtas, romanos, visigodos e mozárabes.

En 1186 aparece por primeira vez citado Yeles con motivo da doazón de Afonso VIII de Esquivias á Igrexa de Toledo.

Demografía

Evolución da poboación de Yeles desde 1900.

Monumentos A destacar a igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción.

Cultura Desde o ano 2006 Yeles conta co grupo de teatro Orot Yeles.

No ano 2004 fúndase a Escola de Música de Yeles, por Gustavo Romero. A Escola foi crecendo e actualmente está formada por un total de 9 profesores titulados que imparten un gran número de especialidades instrumentais a máis de 80 alumnos. Un ano despois, en 2005, fúndase a Banda Musical de Yeles, que pasará a ser Banda Municipal de Yeles en setembro de 2007. Entre as súas actuacións máis importantes destaca a actuación en Boiro (Galicia) no 2008.

Véxase tamén Ligazóns externas Información do concello na páxina da Deputación de Toledo

Categoría:Concellos da provincia de Toledo Categoría:Topónimos con etimoloxía