Robert Troy "Bobby" Kimball, nado en Orange (Texas) o 29 de marzo de 1947, é un cantante americano, coñecido por ser durante moito tempo o cantante principal da banda americana Toto.
Toto
En 1974, Bobby Kimball deixou Louisiana e trasladouse aos Ánxeles, onde se xuntou con 3 membros da banda desaparecida Three Dog Night, e formaron unha nova banda chamada S.S. Fools. Editaron un álbum en CBS Records, pero se separaron ao ano e medio. 6 meses máis tarde, David Paich e Jeff Porcaro invitaron a Kimball a que se unise a eles para formar Toto. Kimball pon voz aos primeiros catro álbums de estudio de Toto. Foi despedido pola banda en 1984 durante a gravación de Isolation, debido á súa adicción ás drogas.Seely, Todd (7 de febreiro de 2005). The Fuze Interview with Steve Lukather , stevelukather.net. Consultado o 26 de abril de 2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial de Bobby Kimball
Categoría:Cantantes de Texas Categoría:Nados en Orange, Texas Categoría:Nados en 1947