O propano (do grego pro primeira orde e pion graxa, e o sufixo químico -ano dado que é o primeiro nos ácidos graxos) é un gas incoloro e inodoro. Pertence aos hidrocarburos alifáticos con enlaces simples de carbono, coñecidos como alcanos. A súa fórmula química é C3H8.
Combustión do propano: C3H8 + 5</sub>O2 → 3CO2 + 4H2O
Xerais
As mesturas de propano co aire poden ser explosivas con concentracións do 1,8 ao 9,3 % Vol de propano. A chama do propano, igual que a dos demais gases combustibles, debe de ser completamente azul; calquera parte amarelenta, alaranxada ou rubia da mesma, denota unha mala combustión. A temperatura ambiente, é inerte fronte á maior parte dos reactivos aínda que reacciona por exemplo co bromo en presenza de luz. En elevadas concentracións, o propano ten propiedades narcotizantes.
Historia O propano identificouno como compoñente volátil na gasolina o Dr. Walter O. Snelling da oficina de minas dos Estados Unidos en 1910. Debido á volatilidade destes hidrocarburos lixeiros, foron coñecidos como "salvaxes" ("wild" en inglés) pola gran presión de vapor na gasolina non refinada. O 31 de marzo, o New York Times informou sobre o traballo con gas licuado do Dr. Snelling e que "... unha botella de aceiro deste gas será suficiente para alumear un fogar común durante tres semanas."
Tensión de vapor Tensión de vapor do propano en función da temperatura:
Temperatura (°C)Presión (Pa) 80 1 765 197 40 1 287 123 30 1 103 248 15 735 499 0 490 333 -10 372 653 -20 269 683 -30 184 365 -40 122 583
Síntese
O propano acostúmase obter do gas natural ou dos gases dos procesos de "cracking" producidos nas instalacións petroquímicas.
Usos
O principal uso do propano é o aproveitamento enerxético como combustible. Con base ao punto de ebulición máis baixo que o butano e o maior valor enerxético por gramo, ás veces mestúrase con este ou utilízase propano en vez de butano. Na industria química é un dos produtos de partida na síntese do propeno. Ademais, utilízase como gas refrixerante (R290) ou como gas propulsor en aerosois.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Metano Etano Butano Pentano Hexano Alcano
Bibliografía PHYSICAL constants of organic compounds. In: LIDE, D. R.; TAYLOR, F. (Ed.). CRC handbook of chemistry and physics. 89th ed. Boca Raton, 2009. Dispoñible en: <http://www.hbcpnetbase.com/ >. Consultado o 15 de setembro de 2009.
Ligazóns externas
Instituto nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do propano. Especificación do propano comercial no Reino Unido
Categoría:Hidrocarburos